¿Quen Somos?

coñécenos
A marca Cultivando afectos é propiedade de Dezdedez, unha empresa de xestión cultural ubicada na cidade de A Coruña dende 1999 e consolidada no territorio galego. Está formada na actualidade por Tomi Legido e Mariano Fernández.
No terreo laboral son responsables da organización e xestión dunha longa lista de eventos entre os que podemos citar: a dirección artística e a programación musical da Sala Mardi Gras, tamén do Ciclo Metropolitano pola Igualdade na Música e nas Artes Elas Son Artistas, o festival de pequeno formado Sons da Bocanoite para o Concello de As Pontes en tres edicións, xestión de xira de Revolver en Galicia, colaboración con artistas como El Kanka, Pedro Pastor y los Locos Descalzos, El Jose no territorio galego. Ademáis, representamos artísticamente a Silvia Penide e a Leticia Rey en todos os seus proxectos.
A súa implicación no mundo asociativo ven de lonxe, do século pasado.
Ambos son fundadores de CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña.
Durante estes anos de traxectoria e participan de xeito activo en asociacións como a Rede de Medios Comunitarios, a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, Clubtura, e a Asociación Galega de Salas Privadas de Música ao Vivo, entre outras. Continúan en activo, tanto na xestión como na emisión, da citada CUAC FM.
¿Queres saber máis?