proxectos
Cultura con afecto
Unha das máximas de Cultivando Afectos é a cooperación. Xa sexa con empresas, fundacións, asociacións, artistas… tanto galegas como de fora.
Somos unha empresa e precisamos gañar cartos, coma todo o mundo, para poder pagarlle a proveedores, artistas, os custes fixos… mais ese non é o noso principal obxectivo.
Cada vez resulta máis evidente a necesidade de interconectarnos para levar a cabo proxectos artísticos que cumplan os parámetros que consideramos relevantes.

Tanto o selo discográfico 10d10 Discos como a Editorial Musical Cultivando Afectos, son parte destes proxectos. Como tamén o é o noso traballo na Sala Mardi Gras, para a Radio Comunitaria da Coruña CUAC FM ou o proxecto que máis esforzo nos require a nivel de interconexións: o ciclo metropolitano de artes e música Elas Son Artistas. A nosa idea é seguir ampliando esas colaboracións que fan a vida máis emocionante. Se queres formar parte delas, non dubides en contactar con nós.
Por citar algúns: dar oportunidades a artistas que teñen calidade pero non son coñecidos polo público, establecer sinerxias con empresas e cooperativas nas que a Economía Social estea moi presente como filosofía de negocio; conectar o territorio deste Noroeste da fin do mundo con outras partes do planeta a nivel cultural e, en definitiva, xerar conexións entre persoas coas que partillamos unha afinidade vital que traspasa o mundo dos negocios a través da amizade e da colaboración.
Dous exemplos desta cooperación da que falamos. Somos axentes de zona de Pedro Pastor y los Locos Descalzos e de Hermana Furia, tras acadar acordos de colaboración coas axencias madrileñas Coolturearte e Entrebotones.

