Patrocinio Cultural

Cómo é o proceso para acadar patrocinios?

A captación de fondos é fundamental para levar a cabo calquera proposta artística. Distinguimos entre o Patrocinio e o Mecenado, que podes ver noutro apartado da web, en función de diversos parámetros.

O Patrocinio oriéntase a proxectos con retorno comercial ou publicitario, mentres o Mecenado atende a proxectos de entidades sen ánimo de lucro ou ao apadriñamento privado de artistas concretos. Se ese é o teu caso, visita esa sección da web: Mecenado Cultural.

Dende Cultivando Afectos tentaremos avanzar en acordos con marcas e empresas que desexen ser asociadas coa cultura de diversos xeitos. Hai múltiples fórmulas de colaboración, e tentaremos innovar nas mesmas para que os resultados sexan satisfactorios para as partes implicadas.

Algunha dúbida?

Escríbenos ou chámanos!

Scroll to Top