Mecenado Cultural

Dentro deste termo entendemos que caben dous tipos de colaboracións.

Proxectos sen ánimo de lucro

As persoas que estamos detrás da marca Cultivando Afectos coñecímonos grazas ao mundo asociativo, no que continuamos a día de hoxe de forma activa. 

Cremos firmamente no poder do colectivo como fórmula para mellorar a vida da xente.

Dentro das actividades da marca, colaborararemos con proxectos sen ánimo de lucro cos que compartamos valores e obxectivos, na búsqueda de sinerxias e financiamento.

Os cartos son importantes mais ás veces o que se precisa son solucións e persoas que fagan posible unha parte dun proxecto a base de voluntariado.

Mecenado directos
con artistas

Dende fai moitos séculos persoas con sensibilidade polas artes comprenden que un artista ou un proxecto artístico precisan de aportacións económicas (e outro tipo de apoios) para crear, levar a cabo unha idea, formarse… en definitiva, dar os pasos axeitados para chegar a un público novo que faga que o proxecto sexa sostible económicamente co paso do tempo. Cultivando Afectos tentará poñer en contacto, ou facilitar a fórmula xurídica máis acaída cando se atopen artistas e mecenas, ou cando provoquemos ese encontro.

Dirixido tanto a quen queira achegar a nivel individual como quen o faga dende unha empresa, entidade ou institución, o obxectivo é que non se perdan oportunidades por descoñecemento das propostas que buscan financiamento ou de cómo optimizar eses recursos que se desexan adicar ás artes.

Dende a última reforma da xa existente Lei de mecenado, ainda resulta máis interesante, incluso a nivel fiscal, plantexarse seriamente a axuda a proxectos culturais.

Deixamos aquí varios textos que poden resultar de interese:

Incentivos para o mecenado dende 2024
Real Decreto 6/2023 Lectura interesante dende o Libro IV
Lei 49/2002 que recolle incentivos fiscais para o mecenado

Os diversos proxectos artísticos de Silvia Penide son susceptibles de mecenado a través de Cultivando Afectos.

Outra artista coa que traballamos é Leticia Rey. Unha xoven compostora e cantante galega que está a consolidar a súa carreira musical con diversas formacións tanto no eido do Jazz como no Folk.

Algunha dúbida?

Escríbenos ou chámanos!

Scroll to Top