Editorial musical

tamén somos unha Editorial Musical GALEGA

O obxectivo da nosa editorial é que as cancións que formen parte do noso catálogo teñan vida máis alá das escoitas, en diversos formatos.

O noso selo discográfico 10d10 Discos será peza clave para a creación dese catálogo sonoro, mais non a única. Tentaremos acadar acordos con autores e autoras de cancións que consideremos que poden ter unha segunda vida. A nosa intención é comezar un diálogo permanente con axentes que podan ter interese no uso das cancións para sincronizacións en series, películas, anuncios, podcasts, videoxogos e calquera outro formato susceptible de uso.

Tamén se abre opción da creación de novas pezas exclusivas para eses clientes e formatos a cargo das propostas musicais que formen parte de Cultivando Afectos.

A continuación podes atopar, clasificadas por artistas, as pezas sonoras do noso catálogo.

Silvia Penide

Pop de autora. Cancións con letras en castelán na súa maioría, algunhas en galego. As súas melodías e letras poden dar moito xogo en fomato audiovisual.

Leticia Rey

Unha voz espectacular, chea de sensibilidade, con cancións en inglés, castelán e galego. A súa música móvese entre o jazz, o pop, soul, e o folk.

Greasy Belly

Banda de rock en inglés, con potentes riffs e estribillos. Podes atopar sons moi americanos nesta banda coruñesa.

Las Antonias

Las Antonias ofrecen letras reivindicativas e contidos feministas de producción propia sobre melodías moi coñecidas. En castelán.

Algunha dúbida?

Escríbenos ou chámanos!

Scroll to Top