PROXECTO CULTURAL EN GALICIA

Cultivando Afectos

A nova Marca Cultural Galega que pon en marcha Dezdedez tras 25 anos de traballo na nosa terra.

Un dos proxectos
de Dezdedez

As cancións que levamos editadas precisaban dar un pasiño máis e para iso creamos Cultivando Afectos Editorial Musical.

A intención é presentar as cancións do noso catálogo a empresas de publicidade, de proxectos audiovisuais, creadores de contidos, videoxogos… Darlle novas vidas a esas cancións coas coñecidas sincronizacións, o que beneficia, tanto económica como a nivel promocional, aos artistas que compoñen e interpretan esas pezas sonoras.

Os Proxectos de Cultivando Afectos terán como característica a implicación de varias empresas ou autónomas, incluso asociacións ou colectivos cos que colaboraremos para levar a cabo unha actividade que pode ser puntual ou ao longo dun período de tempo.

Liñas de Acción

Tamén entre os obxectivos da marca acadar financiamento para actividades culturais, entendidas dun xeito moi amplo, para alguén que decida tentar acadar fondos extras para levar adiante unha idea. A intención é crear unha rede de empresas sensibles coa cultura e que aposten por adicar unha parte dos seus fondos, xa sexa de marketing e publicidade directamente, como a través de fórmulas como os seus departamentos de Responsabilidade Social Empresarial (RSE) ou Corporativa (RSC), a eses proxectos culturais que aporten valor e valores ao territorio no que se desenvolvan e ás súas xentes.

Elas Son Artistas é un dos proxectos de Dezdedez nos que este espiritu de colaboración levan anos traballándose, tanto a nivel de concellos como de espazos privados, patrocinios, interaccións con múltiples axencias de artistas…

Patrocinio

Fondos para proxectos de artistas
con ánimo de lucro.

Mecenado

Fondos destinados a actividades desenvolvidas por artistas sen estructura empresarial ou por asociacións sen ánimo de lucro.

Editorial Musical

Silvia Penide

Pop de autora. Cancións con letras en español na súa maioría, algunhas en galego.

Leticia Rey

Unha voz espectacular, chea de sensibilidade, con canciones en inglés, español e galego.

Greasy Belly

Banda de rock en inglés, con potentes riffs e estribillos.

Las Antonias

Las Antonias ofrecen letras con reivindicacións e contidos feministas.

Algunha dúbida?

Escríbenos ou chámanos!

Scroll to Top